SageMath, software matemático nas clases de Física e Matemáticas
Congreso "O futuro da educación". IGACIENCIA
Santiago de Compostela, 3-4 de xullo de 2017
Beatriz Padín Romero
Santiago de Compostela, 3-4 de xullo de 2017
Beatriz Padín Romero
SageMath é un software matemático gratuito e de código aberto destinado á educación e á investigación en matemáticas. Combina e integra unha linguaxe de programación e diversos paquetes de software matemático baixo unha contorna común coa que se pode traballar localmente unha vez descargado o software ou ben se pode acceder a ela online a través dun navegador web.
Debido á súa capacidade de cálculo tanto en matemáticas puras como aplicadas, as ferramentas que ofrece poden ser aproveitadas para enriquecer e complementar a ensinanza das materias de Matemáticas e Física. De entre todos os seus compoñentes, os seguintes son de especial interese nos niveis de ensinanza secundaria: operacións aritméticas (con números enteiros, racionais, reais e complexos), teoría elemental de números (números primos, divisores, máximo común divisor, mínimo común múltiplo…), cálculo (límites, derivadas, integrais…), representación de funcións e curvas (en dúas e tres dimensións), álxebra lineal (resolución de ecuacións e sistemas, vectores, matrices, determinantes...) e polinomios (operacións, factorización, raíces, fraccións alxebraicas…).
Neste obradoiro eminentemente práctico presentaremos SageMath de xeito que os asistentes descubran que se pode facer con este software e se familiaricen coa maneira de traballar con el, para que así adquiran unhas nocións básicas sobre o seu uso que lles permitan afondar posteriormente en aqueles aspectos nos que estean máis interesados.
Para empezar a traballar co software o máis doado é utilizar as celdas online de SageMathCell dispoñibles en https://sagecell.sagemath.org/. Tamén se poden utilizar os recursos computacionais que proporciona a interfaz web colaborativa de https://cocalc.com/ ou se pode descargar o software en http://www.sagemath.org/ para traballar de maneira local.